William Shakespeare é, con diferenza, o autor máis levado ás pantallas de cine. Desde adaptacións das súas obras teatrais ata filmes sobre a súa vida e sobre a súa época, son moitas as películas que se inspiran na súa figura e nas súas grandes obras mestras. Un dos títulos míticos é o Hamlet de Laurence Olivier, actor que encarnou o intérprete shakespearián por excelencia.
Orson Welles tamén foi un grande admirador de Shakespeare e realizou varios films sobre as súas obras. Aquí poñemos un fragmento doutra gran traxedia chea de ambición e crueldade: Macbeth.
Hai que recoñecer que hoxe non se fan adaptacións de clásicos como estas. Aquí temos ao gran Marlon Brando nunha das súas míticas interpretacións: a de Marco Antonio na adaptación de Joseph L. Mankiewicz da traxedia Xulio César de Shakespeare.
Nos anos noventa adquiriu grande fama e notoriedade o, daquela, xove intérprete Kenneth Branagh, que, antes de dar o paso á gran pantalla, xa fora un recoñecido actor de teatro con varias adaptacións de Shakespeare no seu historial. O fragmento que incluímos aquí pertence á comedia de enredo amoroso Much ado about nothing ("Moito barullo por nada" ou, en versión castelá, "Mucho ruído pero pocas nueces")
Outras adaptacións recentes que tiveron considerable repercusión son, por exemplo, Otelo ou Romeo e Xulieta (a obra de Shakespeare que máis veces foi levada á pantalla).

Comentarios
Publicar un comentario