A mitoloxía e os mitos

Estes días estivemos falando de mitoloxía e puidemos asistir a unhas interesantes exposicións sobre algúns dos mitos máis coñecidos. Na rede podedes atopar moitísima información, aínda que é difícil seleccionar a máis interesante. Por iso nesta entrada intentaremos ofrecer algún recurso interesante:
A mitoloxía clásica continúa estando presente na cultura actual cunha abundante simboloxía e unha imaxe renovada. O cine, a televisión, a banda deseñada e os videoxogos seguen alimentándose dun potente universo de símbolos e historias que se adaptan sen problemas aos novos tempos.

Comentarios