O Renacemento é un dos períodos culturais máis ricos da historia. Caracterizouse por unha nova ideoloxía humanista e por volver á influencia do mundo clásico nas artes e nas formas estéticas e literarias. Iso si, hoxe en día cómpre evitar estereotipos e sermos conscientes de que o propio nome co que se identifica este período, que se iniciou en Italia no século XIV e que se estendeu durante os séculos XV e XVI por toda Europa, provén do prexuízo dos humanistas da época con respecto aos tempos anteriores a eles: a Idade Media.
Considerábase a Idade Media como un período escuro, brutal, de decadencia da cultura e das artes, no que se esquecera a luminosidade e beleza do mundo clásico. Sabemos hoxe que o medievo foi un período complexo, cheo de fitos artísticos e achados culturais e que se debe evitar a visión simplista da historia.
O cadro que ilustra esta entrada é un símbolo da época renacentista e un dos cumes da pintura universal: O nacemento de Venus, de Sandro Botticelli. As artes florecen neste período e volven aos parámetros estéticos grecolatinos:

Achégovos agora un completo documental sobre este período:

Comentarios
Publicar un comentario