O barroco é un período artístico, desenvolto fundamentalmente no século XVII, que se caracteriza, en xeral, por unha estética recargada, que busca a expresividade e se recrea nos detalles dinámicos e efectistas. É un movemento artístico moi poderoso en pintura, arquitectura, escultura, música... Aínda que non todos os críticos literarios lle outorgan entidade propia á literatura deste período. Así pois, mentres na literatura española existe unha gran riqueza neste período, noutros países como Francia hai un paso case directo desde o maneirismo renacentista á recuperación do clasicismo que se consolida no século XVIII.
Presentamos aquí un documental que analiza a estética barroca nas artes.
Comentarios
Publicar un comentario