![]() | |
O Panteón de París, obra de Soufflot, exemplo de arte neoclásica |
En Francia, berce do movemento ilustrado, é o momento do reinado de Louis XV, (e do seu rexente Felipe II de Orleans), sucesor do que foi chamado “Rei Sol” e antecesor do monarca decapitado na Revolución Francesa.
Nesta época, Francia era unha nación poderosa en Europa, tomada como modelo cultural e político. O réxime absolutista representado polos monarcas Borbons parecía inamobible, a arte rococó resplandecía co seu luxo e colorismo e o enciclopedismo e as obras de autores como Voltaire, Rousseau ou Montesquieu confirmaban a Francia como faro intelectual do mundo occidental.
Pero detrás deste esplendor existía tamén unha sociedade moi desigual
e profundamente inxusta no reparto das súas riquezas, na que as clases
populares malvivían nas cada vez máis superpoboadas cidades nunhas
condicións socioeconómicas e hixiénicas lamentables. Esta realidade, que
estouparía en 1789 coa celebérrima Revolución.
No seguinte vídeo tedes unha completa perspectiva do que significou o "Século das Luces"
Comentarios
Publicar un comentario