Cyrano de Bergerac

Savinien Cyrano de Bergerac (1619-1655) foi un autor barroco que destacou no século XVII tanto pola súa orixinal obras literaria como pola súa axitada vida. De ascendencia aristocrática, desenvolveu unha destacada carreira militar como membro da Compañia da Garda e significouse polo seu carácter pendencieiro e por participar en numerosos duelos. Deixou unha orixinal produción literaria que comprende obras teatrais, epistolares, satíricas, filosóficas e novelescas. Foi incluso considerado un precursor da ciencia ficción e da literatura científica.
A figura de Cyrano é coñecida pola popular obra teatral en verso Cyrano de Bergerac, de xénero neorromántico, que estreou Edmond Rostand en 1897. Cyrano aparece como un orgulloso e imparable soldado que vive atormentado polo complexo que lle causa o tamaño do seu nariz e polo amor que sente cara á súa curmá Roxanne. Trátase dun drama sentimental que tivo un éxito enorme e que deu lugar a varias adaptacións cinematográficas. Podedes ver un fragmento da última delas, e quizais a máis popular, que realiza a dramatización en verso, como a obra orixinal.


Comentarios