No seguinte vídeo faise un resumo da época dourada do teatro en Inglaterra, que se coñeceu co nome de Teatro isabelino. Empréganse imaxes que reproducen bastante fielmente a época, tomadas do film Anonymous (2011) de Roland Emmerich.
E os dous dramaturgos máis destacados desta época son, por suposto, Christopher Marlowe e William Shakespeare. Aquí tedes a escena da película Shakespeare in love que recrea unha conversa de ambos.
E os dous dramaturgos máis destacados desta época son, por suposto, Christopher Marlowe e William Shakespeare. Aquí tedes a escena da película Shakespeare in love que recrea unha conversa de ambos.
Para rematar, achegamos un curioso fragmento dunha obra de Shakespeare representada en galego polo Centro Dramático Galego, alá polos anos 90. Trátase da comedia Soño dunha noite de San Xoán, unha das obras máis peculiares de Shakespeare polo seu ton máxico e desenfadado, pensado quizais para divertir os convidados dunha celebración como un casamento.
Comentarios
Publicar un comentario