A vida de Shakespeare está envolta en enigmas. A pesar de ser o autor máis estudado da literatura universal, hai moitos aspectos escuros que nunca chegarán s ser desvelados. Podedes pescudar na rede moitas páxinas e documentais que abordan a biografía e a obra do escritor inglés. Aquí vos achego unha pequena mostra.
Tamén vos achego un documental que se mergulla sen complexos na teoría que cuestionan que Shakespeare sexa o auténtico autor das obras publicadas baixo o seu nome. Neste caso reflicte a suposición de que detrás de Shakespeare está a identidade do outro gran dramaturgo do seu tempo: Christopher Marlowe.
Comentarios
Publicar un comentario