As aventuras de Simplicius Simplicissimus é unha obra literaria barroca, escrita polo alemán Hans Jakob Grimmelhausen, que debe moito á novela picaresca española. O protagonista é un aventureiro que, entre outras vicisitudes, participa na Guerra dos Trinta Anos. A crítica á guerra e aos excesos dos soldados son abundantes, de feito, na novela.
Aínda que poucos e poucas se lembren, esta obra inspirou unha serie televisiva alemana que se emitiu da TVE na década dos 80. Mirade esta escena e, aínda que non entendamos alemán, poderemos apreciar que diferentes eran os tiroteos sen efectos especiais!
Pero esta obra tamén tivo fortuna no eido musical. O compositor Karl Amadeus Hartman (1905-1963) escribiu unha ópera antibelicista que leva o nome do protagonista e se inspira nesta novela.

Comentarios
Publicar un comentario