As obras e os autores do teatro clásico francés seguen sendo representadas frecuentemente hoxe e, na maioría dos casos, son clásicos absolutamente vixentes. Aquí vos deixo algúns fragmentos de obras de Racine e de Molière aínda representadas a miúdo nos escenarios de todo o mundo e que seguro que vos soan. O primeiro é un fragmento de Fedra interpretada por Ana Belén, o segundo é o Tartufo en versión do Centro Dramático Galego e o terceiro é O Avaro en versión de Morboria teatro.
Comentarios
Publicar un comentario