O romanticismo volveu poñer en primeiro plano a individualidade e a subxectividade do artista creador, o que motivou, entre outras cousas, que a poesía lírica se situase como un dos xéneros literarios máis cultivados.
No seguinte vídeo podemos escoitar no inglés orixinal un dos máis emblemáticos poemas do romanticismo británico a Oda sobre unha urna grega, de John Keats. Este poema é contemporáneo da chegada ao Museo Británico de Londres de pezas arqueolóxicas orixinais procedentes das escavacións gregas. Partindo deste feito, Keats reflexiona sobre a inmortalidade da arte, contrapoñendoa á mortalidade das persoas.
O forte impacto da ideoloxía romántica no eido musical favoreceu que se recuperase a relación natural entre poesía e música. No seguinte vídeo podemos escoitar a interpretación dunha canción lírica ou lied baseado nun poema de Heinrich Heine, Die Loreley. Este é o nome dun grande penedo que hai nunha beira do Rhin, que é chamado así en memoria dunha lenda popular.

Pero o influxo do romanticismo no eido musical non só hai que procuralo na propia época romántica. A rebeldía e a ansia de liberdade dos poetas románticos exerceron unha grande fascinación na cultura popular do século XX, e non é difícil atopar referencias a autores e textos románticos na música rock e noutras manifestacións da contracultura de finais do século XX. No seguinte vídeo escoitamos a Mick Jagger ler o poema Adonais, escrito por Percy B. Shelley en lembranza de Keats, morto de tuberculose aos 25 anos de idade.
Para rematar, lembremos que outro gran poeta romántico, aínda que máis coñecido como prosista, foi Edgar Allan Poe. O grupo español Radio Futura fixo unha versión musical do seu poema Annabel Lee. No vídeo que vos poñemos imos escoitalo e apreciar a recreación do mundo de Poe na escenografía.
Comentarios
Publicar un comentario