Nesta entrada imos falar de cine romántico... pero entendendo romántico no sentido literal: cine baseado ou influído por obras literarias do Romanticismo!
Aínda que na literatura do Romanticismo tamén abundan historias de amor, está claro que este movemento tamén abarca outras actitudes vitais e outro tipo de obras. Para comezar, podemos mencionar a novela histórica, xénero que foi regularmente adaptado á pantalla. Unha das míticas adaptacións é a de Ivanhoe (1952), filme clásico dirixido por Richard Thorpe sobre a novela de Walter Scott.
Unha famosísima adaptación, pero neste caso nunha película de animación, é a película de Disney O Chepudo de Notre Dame (1996), obra que se basea libremente en Notre Dame de Paris, de Víctor Hugo.
As novelas de Alexandre Dumas (1802-1870) que foron un éxito impactante no seu tempo e tamén no século XX, tiveron moitas adaptacións cinematográficas. Aquí poñemos a versión de Os tres mosqueteiros realizada en 2011.

Dentro do cine baseado nas novelas románticas hai que deixar un lugar principal para as adaptacións das obras das irmás Brönte, sobre todo Wuthering Heights e Jane Eyre: dúas grandes historias apaixonadas que foron levadas ao cine en moitas ocasións. Aquí poñemos unha mostra das adaptacións de 1992 e de 2011 respectivamente.
As novelas de Jane Austen tamén foron obxecto de numerosas adaptacións cinematográficas. Unha das mellores foi a que realizou o director taiwanés Ang Lee sobre a novela Sentido e sensibilidade en 1996:
A película Dead poets society (1989) de Peter Weir rende homenaxe á poesía e a un autor romántico americano, emblemático da poesía contemporánea: Walt Whitman.
Tamén as series máis recentes incorporan referencias literarias autores do Romanticismo. No seguinte vídeo podemos ver un fragmento da exitosa Breaking Bad, na que se recita un poema de Walt Whitman, autor ao que se fai referencia en varios momentos da serie.
Comentarios
Publicar un comentario