O drama romántico

No Romanticismo houbo unha renovación total da linguaxe teatral, de xeito que se crea o chamado "Drama romántico". Este caracterízase pola subversión da regra das tres unidades (tempo, accion e espazo), que estivo vixente durante o clasicismo.

Unha das obras máis significativas do Romanticismo é Lorenzaccio, de Alfred de Musset. É un drama histórico con todos os compoñentes románticos, que conta unha historia ambientada no Renacemento italiano, na Florencia dominada por Alexandre de Mèdici e a rebelión contra el que encabezou o seu curmán Lorenzino (Lorenzaccio). Lorenzaccio, chamado así despectivamente, asasina a seu curmán coa desculpa de restaurar a república pero, finalmente, debe fuxir a Venecia e morrerá, tamén, asasinado.



Un dos grades dramas románticos do noso contorno é Frei Luís de Sousa, do portugués Almeida Garret. No seguinte vídeo realízase un resumo da versión cinematográfica portuguesa de 1950.



A obra de Georg Büchner, Woyceck, é un dos dramas románticos máis representados. Trata a traxedia dun soldado condenado a morte, que finalmente é executado. Aquí poñemos un fragmento da posta en escena que fixo o Centro Dramático Galego en 1984, protagonizada polo gran Antonio Durán "Morris".



Comentarios