O Romanticismo foi un movemento artístico e cultural que se desenvolveu na primeira metade do século XIX. Foi tamén unha corrente de pensamento e unha reacción fronte ao neoclasicismo e o seu gusto polo raciocinio e as normas.
O Romanticismo é un movemento que se manifesta con gran riqueza na maioría das artes, pero é quizais na literatura, na pintura e na música onde adquire maior relevancia. Este movemento orixinouse en Alemaña e de aí pasou a Inglaterra, Francia, Italia e, algo máis tardiamente, a España. Esta ideoloxía tivo unha gran relevancia na configuración do mundo moderno, pois a súa influencia na consolidación do liberalismo e no nacemento do nacionalismo supuxo que triunfasen acontecementos decisivos como a unificación de Alemaña ou de Italia, ademais da independencia dos países sudamericanos.
Eugène Delacroix. La mort de Sardanapale (1827).
O Romanticismo supuxo a reivindicación da liberdade e do xenio do individuo fronte ao somentemento ás normas e á razón do racionalismo ilustrado. As persoas románticas defenden a súa individualidade, polo que adoptan unha posición de rebeldía e desafío á orde establecida. Reivindican a imaxinación e a fuxida da realidade cara a tempos pasados e culturas exóticas.
O documental dos anos 80 que enlazamos aquí, La Revolución romántica, do francés Marcel Brion, emitido en seis capítulos por TVE, é unha magnífica panorámica da época. Céntrase no movemento romántico francés pero o seu contido é aplicable ao Romanticismo en xeral.

Comentarios
Publicar un comentario