Os poemas de Ossian e o prerromanticismo británico

Durante o século XVIII comezou unha corrente literaria que anticipou as principais características que asumiría o Romanticismo na primeira metade do século XIX. Trátase, como non, do Prerromanticismo.
Unha das figuras máis destacadas do prerromanticismo británico é o poeta escocés James Macpherson (1736-1796). Este autor adquiriu unha popularidade extraordinaria no século XIX polos poemas que publicou, atribuídos ao bardo Ossian, un bardo celta que tería vivido no século III. Este autor tería tido acceso aos poemas recuperados deste cantor e serían traducidos por el mesmo do gaélico. Chateaubriand, Goethe e o noso Eduardo Pondal serían só algúns dos autores que sucumbiron fascinados ao engado deste testemuño da antiga literatura celta.


JAMES MACPHERSON


Macpherson tivo un enorme éxito e influencia na literatura da época. Pero xa hai tempo que sabemos que todo o universo construído polo poeta escocés foi unha formidable falsidade. Probablemente existiu un bardo chamado Ossian, pero os únicos escritos que existen son os redactados polo propio Macpherson. O autor, levado pola súa afección ás tradicións célticas, escribiu (en inglés) os poemas, inspirándose en termos, formas e topónimos tomados do folclore escocés e irlandés.
Atopamos amenos artigos sobre o tema nos seguintes enlaces, como o de Rosa Montero en El País.

 

                                                            OSSIAN 

 

Ossian é recordado nas lendas como o máis grande poeta de Irlanda e un guerreiro da Fianna no Ciclo feniano ou Ossiánico da mitoloxía Irlandesa.

O seu nome sigifica literalmente "pequeno cervo" e o seu mito conta que a súa nai, Sabdh, foi convertida en cervo polo druída Fer Doirich. Cando Fionn (un mítico guerreiro e cazador da mitoloxía celta) cazaba no bosque, atrapou a cerva Sabdh pero decidiu non matala, e ela voltou á súa forma humana. Fionn namorouse de Sabdh e deixou o seu oficio para establecer unha relación sentimental con ela, da que foi producto Ossian. Antes de que nacera, Fer Doirich enganou á súa nai e volveu convertila en cerva, polo que tivo que volver á natureza, onde chegou ao mundo Ossian. Sete anos despois do seu nacemento, foi encontrado polo seu pai Fionn en Benbulbin.

Outras versións do mito contan que Ossian coñece ao  seu pai por primeira vez estando xa na idade adulta e compiten por un porco asado antes de recoñecerse. 



Comentarios