A literatura de fins do século XIX

Cara ao final do século XIX e comezos do século XX (antes da Iª Guerra Mundial) prodúcese unha reacción contra a estética realista e naturalista dominante. A arte de fin de século recupera a subxectividade do romanticismo, aínda que rexeita o ton ampuloso e excesivamente retórico da arte romántica.


Charles Baudelaire é o poeta de referencia da estética de fin de século. Será o que, partindo aínda da poesía romántica, dará un paso máis na concepción da arte e do artista no seu tempo. Precursor do simbolismo e do decadentismo, encarna á perfección o espírito de fin de século e a figura do poeta maldito.


O decadentismo considérase sucesor do movemento simbolista. Un autor destacado que se considera un dos iniciadores deste movemento é Joris-Karl Huysmans. A novela A contrafío, deste autor, considérase o texto definitorio deste movemento e o seu protagonista Des Esseintes, unha icona decadentista.


 

Comentarios