Moitos aspectos da cultura do fin de século relacionados con correntes como o simbolismo e o decadentismo tiveron o seu reflexo en importantes manifestacións artísticas. A pintura, quizais foi a principal delas pero non hai que esquecer a música ou o cinema. Gustave Moreau foi un dos pintores que expresou con máis brillantez a estética desta época.
A ópera La Bohème, de Giacomo Puccini (1858-1924), é unha das óperas máis representadas e coñecidas da historia. Nela ponse en escena a vida bohemia dos literatos e artistas de fins do século. Podedes ver neste vídeo a famosísima aria Che gelida manina cantada polo tenor Luciano Pavarotti no papel protagonista de Rodolfo.

Gustave Moreau. Dalila (1896)

A vida dos artistas, en concreto a do pintor Toulouse-Lautrec está perfectamente posta en imaxes na película Moulin Rouge (1952), de John Huston. Esta película reflicte poderosamente o ambiente da noite parisina do século XIX, coa mestura de diversión, angustia e creatividade que rodeaba estes artistas.
Comentarios
Publicar un comentario