As Vangardas

No primeiro terzo do século XX, coincidindo cos anos inmediatamente anteriores e posteriores á Iª Guerra Mundial, desenvolvéronse en Europa os movementos vangardistas, que conmocionaron na arte da época.
Estes movementos xurdiron como unha resposta contra o establecido pola orde burguesa, que fracasara na barbarie da Iª Guerra Mundial. Tomaron o seu nome dun termo bélico referido ás tropas que van na primeira liña de combate.
As vangardas foron movementos provocadores, que rexeitaban todo o anterior e querían revolucionar a arte cun espírito transgresor e provocador, que axitase as conciencias da clase media. No seguinte vídeo podedes achegarvos a unha boa panorámica dos principais movementos vangardistas.


Comentarios