O teatro de Bertolt Brecht

Bertolt Bretch foi un dos máis influentes autores dramáticos do século XX. A súa ampla traxectoria marcou o teatro da época, desde os seus comezos dentro da estética expresionista, ata a fundación da compañía mítica compañía Berliner Ensemble, en Berlín Leste en 1949.



O seu teatro foi denominado teatro épico e reflicte o claro compromiso político que mantivo Brecht ao longo de toda a súa vida. Este teatro empregou técnicas arriscadas que facían que o espectador fose consciente de que estaba asistindo a un espectáculo e que ese espectáculo pretendía transmitir unha mensaxe. É o que se chamou técnica do distanciamento.

Comentarios