O teatro entre os séculos XIX e XX

Logo do esplendor do teatro realista e naturalista, entre os séculos XIX e XX continúa o proceso de renovación teatral que dará lugar á consolidación do teatro moderno.
O simbolismo e o decadentismo xeraron unha produción teatral, entre a que destaca a icónica obra Salomé (1891), de Oscar Wilde, texto sobre unha das figuras emblema da época. O fragmento que poñemos a continuación pertence a unha versión posta en escena polo Centro Dramático Galego en 2012.



Un dos autores máis destacados dentro do que se denomina teatro simbolista é Maurice Maeterlinck (1862-1949). Este é un fragmento de Pelléas et Mélisande (1893).


Alfred Jarry (1873-1907) destaca nesta época como precursor do teatro do absurdo, sobre todo coa triloxía de obras dedicada ao grotesco personaxe de Ubú.



A obra Pygmalion (1913) de George Bernard Shaw (1856-1950) foi levada ao cine nunha famosa versión titulada My fair lady (1964), de George Cukor, protagonizada pola recordada actriz de Hollywood, de orixe belga, Audrey Hepburn.


Luigi Pirandello é un dos grandes renovadores do teatro da época. Seis personaxes na procura de autor (1920), a súa obra máis celebrada, supuxo unha auténtica revolución ao cuestionar todo o espectáculo e envolver o público na representación teatral.




Comentarios