Os heterónimos de Pessoa

Unha das creacións máis singulares da literatura universal son os heterónimos cos que Fernando Pessoa deu forma a diferentes poetas que, en realidade, vivían todos na súa creatividade.
Nos seguintes vídeos, realizados polo equipo da editorial Santillana en Portugal, dásenos información sobre cada un deles.
Alberto Caeiro é o primeiro deles. Aínda que nacido en Lisboa, viviu no campo toda a súa vida dedicándose ao coidado do gando. Aínda así, Pessoa considérao o punto de inicio de todos os heterónimos. Morreu de tuberculose.





Ricardo Reis é discípulo de Caeiro. Foi un médico lisboeta, estudoso do latín e afeccionado aos clásicos. Era monárquico, polo que fuxiu para o Brasil cando se proclamou a Primeira República en Portugal e non se sabe cando faleceu. Sobre isto escribiu José Saramago unha das súas mellores novelas, O ano da morte de Ricardo Reis (1984).





Álvaro de Campos é o máis novo dos tres. Naceu en 1890 e dedicouse profesionalmente á enxeñaría. Pasou por distintas fases poéticas, destacando como poeta futurista.




Todos eles son Pessoa, pero cada un coas súas peculiaridades.

Comentarios