A poesía sempre tivo moita relación con outras artes, especialmente coa música. Non é nada infrecuente atopar versións musicadas dos máis variados poemas. Aquí temos unha curiosa adaptación do famoso poema fonético dadaísta de Hugo Ball, "O gadgi beri bimba". Trátase do tema I zimbra do grupo estadounidense Talking Heads.
William Butler Yeats é un dos grandes poetas en lingua inglesa. A súa obra sitúase entre dous séculos e mostra unhas fondas raíces na cultura irlandesa. Na película de 1987 84 Charing Cross Road (Titulada en España La carta final) atopamos a lectura do poema "He wishes for the cloths of heaven".
Un dos poetas que marcaron o século XX foi T. S. Eliot. A súa poesía pode escoitarse na voz de Marlon Brando e verse na extraordinaria película Apocalypse Now (1979) de Francis Ford Coppola que, como xa sabedes, adapta a gran novela Heart of Darkness (1899) de Joseph Conrad. O poema titúlase The Hollow men (Os homes baleiros).
Outra mostra de que a boa poesía tamén se pode ver e escoitar no cinema témola no filme Catro vodas e un funeral (1994). O funeral ao que se alude no título é un dos momentos máis emotivos do filme, cando se recita o poema "Funeral Blues", do poeta W. H Auden.

Comentarios
Publicar un comentario