Despois da IIª Guerra Mundial, as artes cada vez serán máis permeables e combinaranse entre si. A literatura encontrarase a miúdo coa música, o cinema, as artes figurativas e escénicas.
O poeta grego Odysséas Alepoudhelys, coñecido como Elytis, fíxose moi popular grazas á versión musical do seu poema To axion estí realizada polo músico grego, falecido en 2021, Mikis Theodorakis.
Pero o cinema tamén integra textos e referencias da literatura universal da segunda metade do século. Nun recente éxito do cinema de ciencia ficción, o filme Interstellar (Christopher Nolan, 2014), hai unha referencia ao famoso poema Do not go gentle into that good night, de Dylan Thomas. Tamén podedes ver o actor escocés Peter Capaldi interpretando outro famoso poema de Thomas, And dead shall have not dominion.
O coñecido cantante Peter Gabriel homenaxea a poesía de Anne Sexton no seu tema Mercy Street. Esta poeta, pertencente como Sylvia Plath á escola da poesía confesional, é outra das figuras poéticas do século XX marcadas por unha tortuosa biografía.
Comentarios
Publicar un comentario