Na segunda metade do século XX, a sociedade americana desenvolveu unha ampla corrente de narrativa realista que se materializa en obras de autores diversos. Despois da IIª Guerra Mundial, o realismo será a estética dominante en EEUU, onde destacan autores como Saul Bellow e autoras como Flannery O'Connor. Pero J.D. Salinger é un dos máis exitosos e enigmáticos. Neste documental faise unha semblanza da súa figura:
Dentro do panorama de voces narrativas encadradas dentro da estética realista, hai que mencionar o que se denominou Novo Xornalismo. Esta corrente xurdiu na década de 1960, con voces tan destacadas e diversas como as de Truman Capote, Tom Wolfe ou Hunter S. Thompson. Caracterizáronse por partiren da reportaxe xornalística para crear obras de "non ficción", pois narraban feitos reais estruturados como novelas ou relatos. Entre estas obras destaca A sangue frío (1965), de Truman Capote, novela que relata un brutal crime e que foi adaptada ao cinema por Richard Brooks en 1967.
O realismo sucio foi un movemento que cobrou gran protagonismo nas letras estadounidenses nas décadas de 1960 a 1980. Charles Bukowski foi un dos seus principais referentes. Foi un personaxe que sempre viviu, falou e escribiu sen complexos e dese xeito tan directo e esquemático que destaca nas súas narracións e poemas. Estes vídeos son unha boa mostra.
Outros autores do realismo sucio son Raymond Carver ou Richard Ford. A película Vidas cruzadas (1994), de Robert Altman, reflicte moi ben o peculiar universo de Carver.
Comentarios
Publicar un comentario