A literatura na Antiguidade

A literatura é unha manifestación cultural que nace antes da cultura escrita. Pero, ao mesmo tempo, vai moi ligada a ela, pois podemos coñecer a literatura da Antigüidade só polos testemuños escritos. Así, arredor do ano 1000 a.C., xa se documentan importantes obras e motivos literarios asociados ás principais culturas da Idade Antiga: o Poema de Gilgamesh na cultura sumeria, os textos bíblicos na cultura hebrea, a historia de Sinuhé no Antigo Exipto... Moitos temas e motivos que xa aparecen nestes textos perdurarán e revisaranse ao longo dos séculos. Precisamente o relato de Sinuhé deu orixe a unha famosa novela do século XX: Sinuhé o exipcio, de Mika Waltari. E non menos famosa foi a adaptación cinematográfica dirixida por Michael Curtiz en 1954. Aquí vos deixamos un vídeo que conta de forma amena a historia orixinal de Sinuhé e dos papiros conservados que nola transmitiron e un fragmento da película.



Comentarios