O século XVIII é a época do racionalismo e da procura do progreso material e espiritual a través da cultura e da ciencia. Pero tamén é a época da sociedade galante e sofisticada que desfruta da súa posición e da vida nos salóns máis elegantes e ricos da época.
Esta sociedade vese reflectida en toda a súa complexidade na novela As amizades perigosas (Les liaisons dangereuses) de Choderlos de Laclos. Esta obra mostra un retrato cru da sociedade aristocrática da época, na que o engano, a hipocrisía e dexeneración ocúltanse baixo a falsa aparencia de galantería e felicidade.
Esta escena pertence á famosa adaptación cinematográfica de Stephen Fears, aínda que houbo máis versións cinematográficas notables da obra, como a titulada Valmont, de Milos Forman.
A difusión en Francia de obras como esta ou das obras do Marqués de Sade é motivo de que se fale dunha novela ou literatura "libertina", debido aos comportamentos humanos que se mostran. Pero tamén houbo unha narrativa sentimental, ao estilo da Pamela de Richardson ou do Rousseau de A nova Heloísa. Nesta corrente destaca Paulo e Virxinia, de Bernardin de Saint-Pierre.
Comentarios
Publicar un comentario