Narrativa americana do século XIX

Herman Melville (1819-1891) e Nathaniel Hawthorne (1804-1864) son os principais narradores americanos da época do Romanticismo e, en xeral, dó século XIX americano.

A principal obra de Melville, Moby Dick (1851) é un clásico da literatura universal que se converteu nun símbolo que aparece en múltiples manifestacións artísticas. Deu lugar a obras mestras do cine clásico, como esta célebre versión dirixida por John Huston en 1956 e protagonizada polo mítico actor Gregory Peck.


A presenza da enigmática figura do Capitán Ahab tamén atopa eco na creación musical, como no tema Aventuras del Capitán Achab, do grupo de rock español, La Frontera.

A obra de Hawthorne foi igualmente celebrada e tamén tivo fortuna nas súas adaptacións ao cinema. A súa novela máis popular, The scarlet letter (1850), tivo un grande éxito no cine coa adaptación realizada en 1995 polo director Roland Joffé, protagonizada por Gary Oldman e Demi Moore.


Iso si, se queres aventurarte coa lectura de Moby Dick, tes que ver obrigatoriamente antes este vídeo da famosa youtuber Ter. Os seus consellos son válidos se te queres enfrontar a calquera obra clásica da literatura universal!



 

Comentarios