A segunda metade do século XX

Conforme chegamos aos tempos máis recentes da literatura universal, podemos recoñecer máis autoras e autores e ter moita máis documentación de todos os textos literarios. De feito, é moi difícil (e subxectivo) escoller as figuras literarias máis relevantes. Pero é aínda máis difícil ter perspectiva para establecer cales serían as constantes estéticas e estilísticas que caracterizarían a literatura e a arte máis recente.


Está claro que a IIª Guerra Mundial, o seu desenvolvemento, remate e consecuencias, determina moitos aspectos do mundo actual e, por suposto, da súa literatura. 

No seguinte vídeo reflíctensenos moitas características e feitos que marcaron a cultura popular do século XX

Outra cuestión é as tendencias estéticas e artísticas deste período. As artes plásticas van continuar as tendencias vangardistas da primeira metade do século, aínda que cara ao fin da centuria, a posmodernidade volverá a unha arte máis figurativa.



Comentarios