A Xeración Beat

Os "beatnicks" foron un grupo de xoves inconformistas na posguerra mundial americana. Caracterizáronse polo seu rexeitamento á sociedade que lles tocou vivir, próspera no económico pero baleira para esta xuventude que non podía esquecer os recentes traumas da guerra. Autores como Jack Kerouac optaron por vivir unha vida en liberdade, rexeitando as convencións e as ataduras sociais, elixindo explorar o seu enorme país como un xeito de coñecerse a si mesmos. A obra On the road (1951) mostra esta procura eterna fronte á desesperanza e o baleiro. No seguinte vídeo podemos ver o trailer da adaptación cinematográfica de 2012:

Allen Ginsberg é o auténtico guía desta xeración. Foi un poeta comprometido que denunciou constantemente as incoherencias e contradicións da sociedade americana. Da súa peculiar personalidade pode darnos unha idea o seguinte fragmento dun documental sobre el e a escena dun recitado da película Howl (2010), de Rob Epstein, que toma o título do seu famoso poema.


William Burroughs foi quizais o persoeiro máis controvertido dentro da xeración. A súa literatura mostra a visión deformada da realidade que el percibía, pois experimentou toda a súa vida coas drogas duras. A súa biografía está marcada pola morte accidental da súa muller por causa dun disparo que el efectuou. No seguinte vídeo podemos ver diversos fragmentos de declaracións e entrevistas que mostran o mundo persoal do autor.




Comentarios