Richard Wagner (1813-1883), un dos músicos e autores de ópera máis destacados da historia, inspirouse a miúdo para as súas composicións no mundo mitolóxico da épica xermana e das lendas artúricas.
A historia de amor de Tristán e Iseo (ou Isolda) é unha das máis coñecidas da literatura universal. Wagner compuxo unha das súas máis famosas óperas, Tristan und Isolde (1864), inspirándose nos relatos sobre os dous amantes. Baseouse para a composición da súa ópera especialmente na obra de Gottfried von Strassbourg (Godofredo de Estrasburgo), escrita en antigo alemán a comezos do século XIII.
Parsifal (1882) é a última ópera de Wagner. Como o seu título indica, o protagonista é o cabaleiro artúrico Percival.
Comentarios
Publicar un comentario