Tristán e Iseo

A historia de Tristán e Iseo é das máis coñecidas da literatura universal. Esta historia, integrada desde a Idade Media na chamada Materia de Bretaña, confórmase en textos literarios de Béroul e Thomas a partir do século XII. E a partir de aí vai ter unha presenza ao longo dos séculos en múltiples obras literarias, na ópera, no cine....


Mais a historia ten unha orixe moi diversa, enlazada coas antigas lendas celtas, pero tamén con elementos que son tomados do folclore popular, de historias orientais, clásicas ou, mesmo, da India. É habitual que as obras medievais teñan unha orixe diversa, que toma influencias de textos, poemas e relatos de diversas culturas, moitas veces transmitidos oralmente a través do folclore. Este aspecto ten sido estudado por moitos investigadores e investigadoras da literatura románica.

Escoitade este fragmento dunha conferencia impartida polo noso gran escritor Álvaro Cunqueiro na que, facendo alarde da súa erudición, relata un episodio coñecido do folclore irlandés que á súa vez provén dos relatos clásicos asociados á figura de Midas. Un episodio moi similar recóllese na historia de Tristán, aínda que referido ao rei Marcos.


Comentarios