A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS


A volta ao mundo en 80 días, é unha obra das máis coñecidas de Jules Verne. Trátase dunha novela de aventuras que conta a historia de Phileas Fogg, un cabaleiro inglés obsesionado coa puntualidade, ademais de ser metódico e reservado. Fogg é coñecido pola súa frialdade e a súa capacidade para manter a calma en calquera situación. Este personaxe aposta que pode dar a volta ao mundo en 80 días, xunto co seu servente, chamado Passepartout. O protagonista embárcase nunha viaxe chea de perigos, sorpresas e emocionantes aventuras. Ao longo do seu camiño, superarán obstáculos como persecucións por parte de policías, naufraxios e conflitos culturais. Todo esto sucede mentres intentan cumplir co seu estrito cronograma.

A narrativa de Verne está chea de descricións vívidas dos lugares exóticos visitados. Isto fai que o lector se transporte a cada escenario con gran detalle. Esta novela mostra certos trazos característicos da novela realista, como o feito de que sexa tan descritiva. O autor incluíu estes trazos para que a narración fose máis crible. Ademais disto, tamén mostra elementos de fantasía e tecnoloxía avanzada para a época na que se escribiu.

Por outro lado, a pesar de ser unha emocionante historia de viaxes, este libro tamén expón reflexións con certo carácter filosófico, estas son sobre o tempo, a tecnoloxía e a determinación humana. Isto lévanos á seguinte conclusión: A volta ao mundo en 80 días mestura a aventura co humor e coa reflexión sobre a natureza humana.

Jules Verne inspirouse en varias fontes e influencias para escribir esta novela. Podemos destacar catro fontes principais. A primeira serían os avances tecnolóxicos, a crecente rede de ferrocarrís e o recente desenvolvemento dos servizos de transporte transoceánicos, que o inspiraron a explorar a idea de viaxar ao redor do mundo nun tempo récord. A segunda a destacar serían as exploracións e exportacións reais, o autor baseouse nas historias de exploradores e viaxeiros do século XIX. Logo temos á revolución industrial, que o levou a explorar temas como a globalización e o progreso tecnolóxico, a través da historia do seu protagonista. Por último, atopamos as obras literarias anteriores, que tamén expoñían temas de viaxes e aventuras.

Esta obra tivo unha serie de repercusións, como foi a popularización inmediata, xa que foi un éxito dende a súa publicación en 1873. Tamén tivo influencia a nivel cultural, debido a que axudou a popularizar o xénero da ciencia ficción e a literatura de aventuras, influíndo nas xeracións posteriores de escritores, cineastas e artistas. Tamén foi unha gran influencia para as persoas que querían emprender algunha aventura polo mundo adiante. Por último, podemos destacar a súa perduración no tempo, xa que actualmente segue sendo unha novela cautivadora para un público de calquera idade. En resumo, esta obra de Jules Verne tivo unha repercusión significativa na cultura popular e na literatura, e o seu legado perdura ata o día de hoxe como unha das obras mais influentes no xénero da aventura e da ciencia ficción.

Desta obra fixéronse decenas de adaptacións ao cine e á televisión. A película mais coñecida é unha que recibe exactamente o mesmo nome que o libro e foi estreada hai vinte anos, é dicir no 2004. Esta lóxicamente está baseada na novela de Verne e é unha versión da película homónima de 1956. Está protagonizada por Jackie Chan, Steve Coogan e Cécile de France.



Na miña opinión, esta novela faiche reflexionar sobre varios aspectos, como pode ser a puntualidade. Tamén é unha novela sorprendente, non só pola súa trama, senón tamén porque, a pesar da súa antigüidade, non se trata dunha novela para nada aburrida como poden ser outras, debido a que os temas principais sobre os que escriben os autores van variando ao longo da historia. Pero neste caso atopamos unha novela de aventuras que podería estar escrita actualmente. É un libro que é moi facil que enganche. Outra cousa boa a destacar é que é unha novela que avanza e non está todo o rato repetindo o mesmo. A volta ao mundo en 80 días, é unha novela totalmente recomendada para calquera idade, xa que a súa historia non mostra ningún tipo de complicación para entendela.


Comentarios