Viaxe ao centro da Terra

Viaxe ao centro da Terra é un dos relatos máis coñecidos de Xulio Verne pola gran cantidade de historias fantásticas e de ficción que hai dentro da obra. Publicado en 1864, este libro pertence á literatura de ciencia ficción, moi característica en Verne. 
É coñecido pola súa paixón pola novela de aventuras, non só en Viaxe ao centro da Terra, tamén en A volta ao mundo en 80 días, 20.000 leguas de viaxe submariña, ou Da Terra á Lúa, entre outras moitas. Viaxe ao centro da Terra é unha das primeiras obras de Xulio Verne, cando este tiña paixón por escribir relatos fantásticos, e aínda non se vira superado polos seus problemas persoais.
O relato conta a historia de Axel, sobriño do profesor Otto Lidenbrock, un profesor de mineraloxía bastante egoísta pero moi intelixente. Un día chama ao seu sobriño para ensinarlle un manuscrito antigo de orixe rúnica que contén un criptograma. 
Por pura casualidade e grazas a Axel, conseguen descifrar a mensaxe segreda; na que un alquimista islandés desvela como chegar ao centro da Terra a través dun volcán en Islandia. O rapaz négase a ir, xa que se atopa moi asustado, pero ao final cede xa que non ten outra opción: deixando atrás a súa vida acomodada e a súa moza Gräuben (tamén afillada do profesor Lidenbrock).

 Unha vez en Reikiavik, tío e sobriño se dispoñen a chegar ao volcán e introducirse nel, pero antes encontran a Hans, un cazador de aves profesional e quen os acompañará na súa travesía. Equipados con víveres, ferramentas, armas, lanternas e un botiquín, soben ata o volcán (onde está escrito o nome do alquimista) e descenden ata o fondo do cráter. Ao baixar decobren tres camiños, toman o camiño correcto seguindo as indicacións do alquimista e descenden durante once horas. Unha vez abaixo fan noite alí. 

A mañá seguinte continúan descendendo ata chegar ao fondo da cheminea, no que deben elixir entre dous camiños. Tras tomar o incorrecto e perder as esperanzas, Hans descobre un arroio de auga tapado con rocas, as cales destrúen coas ferramentas e encontran auga a 100º que deixan enfriar para consumir. Ao día seguinte perderanse e atoparán unha cova coa que se poden comunicar aínda estando separados. 

Axel accidentalmente cae nun pozo que o leva a unha cova capaz de ter tanta auga coma un océano,onde encontra a Hans e seu tío. Os tres entran nun bosque de cogomelos xigantes, onde atopan restos animais e humanos. Para poder cruzar o océano, Hans constrúe unha balsa, pero ao embarcar encontran moitos tipos de peixes extintos e monstros mariños. 

 Tras unha gran tormenta, acaban na praia da que saíron. Pero o profesor non se dá por vencido e manda reparala para volver saír. Mentres, propoñen percorrer esa parte da illa, ata que atopan un cemiterio, onde ven un cráneo humano posiblemente do alquimista que estivo alí abaixo hai xa 300 anos. Segundo van explorando afástanse do mar e entran nun bosque con vexetación de hai máis de 60 millóns de anos. 

Debaixo das árbores ven uns mastodontes xigantes e unha especie de humano de máis de 4 metros que fai de pastor. horrorizados corren cara á balsa, e polo camiño encontran un puñal coas iniciais do alquimista, igual que a roca que atopan máis adiante e lles sinalará o camiño. Para chegar ao centro da Terra aínda teñen que baixar 1500 leguas, pero unha roca obstrúe a entrada así que se deciden a detonala. A explosión fai que o mar que alí se atopaba os arrastre por diferentes galerías. Acaban nunha única sala, onde o nivel da auga comeza a subir cal ascensor. 

Os protagonistas considéranse mortos xa que non poden case respirar e a calor comeza a ser insoportable. Trátase dunha erupción. Despois de axitarse na balsa violentamente saen disparados. Cando Axel abre os ollos se dá conta de que están ao aire libre, pero non en Islandia, senón en Estrómboli, Italia. Axel e Lidenbrock regresan a súa casa, en Hamburgo, e Hans volve a súa querida Islandia. 
O seu relato percorre todo o globo, e son os datos de Hans os que lle aportan credibilidade á historia. Polo que os tres acaban sendo famosos. 




Viaxe ao centro da Terra é das primeiras obras de Verne, polo que se pode ver a simple vista o seu entusiasmo e paixón polo fantástico, a diferenza dos seus relatos máis maduros que falan de temas políticos, imperialismo, crítica á sociedade, etc. Trátase dunha mestura de romanticismo e realismo, escrita nun contexto de divulgación científica en plena Revolución Industrial, esta historia foi publicada pouco despois da teoría de A orixe das especies, de Darwin. 

Ao ser o libro sobre a Terra e o seu interior, podemos ver que tamén ten unha gran parte de cientifismo. Para min esta obra sen dúbida ten unha trama interesantísima e que chama moito a atención simplemente polo tema do que trata. Sen embargo, creo que cun ton máis informal e un ritmo máis rápido sería moito máis doado de ler. Como supostamente é o noso planeta por dentro, o feito de que houbese outro científico antes alí, pero que por desgraza non puidera sobrevivir e contar o que viu; é sen dúbida impresionante. 
Persoalmente o que máis me gustou foi o feito de entrar ao centro da Terra a través dun volcán real, porque é o que máis realismo lle dá ao relato. En conclusión, recomendo esta obra a calquera apaixonado da literatura fantástica, sobre todo ao público xove.
 
 
Aquí un fragmento da película de 1959.

Comentarios