Katherine Mansfield (1888–1923) é unha das narradoras máis interesantes e cunha personalidade máis poderosa de comezos do século XX. Nacida en Nova Celandia, co nome de Kathleen Beauchamp, instalouse en Inglaterra, onde foi enviada para realizar os seus estudos, a partir de 1903.
Esta autora destacou pola súa actitude vital, rebelándose contra as normas que rexían a vida das mulleres do seu tempo e levando unha existencia en liberdade, sen someterse ás convencións sociais e amorosas do momento.
A súa narrativa destaca pola innovación e a capacidade evocadora. Cultivou especialmente a narración breve, onde sobresae a novela curta Na baía e o libro de relatos Nunha pensión alemá, a súa primeira obra, publicada en 1911. Mantivo unha estreita amizade con Virginia Woolf.
Comentarios
Publicar un comentario