Virginia Woolf, a novela gráfica.

Virginia Woolf guionizada por Michèle Gazier e ilustrada polo artista Bernard Ciccolinia, é unha novela gráfica que conta a vida e historia dunha escritora de principios do século XX; Virginia Woolf.

Dende os 7 anos, Virginia tivo un gran interese pola escritura, que comezou por un diario que compartía cos seus irmáns, no que narraba historias, unhas veces baseadas na realidade e outras non moito, que ocorrían nas súas vidas.

 Ao longo da vida de Virginia, esta escribe historias que reflicten o seu estado de ánimo, a súa relación coas persoas que a rodean e como ve ela a vida.


Tras enfermar a súa nai, as cousas comezan a ser difíciles e a medida que pasa o tempo ela tamén síntese cansa, pero non por iso decide deixar de escribir.

Esta novela pareceume moi interesante ao explicar toda a vida dunha muller cun interese tan grande pola escritura e defendendo a loita das mulleres pola igualdade nunha sociedade na que se vían eclipsadas polos homes.

Comentarios