O lector, de Bernhard Schlink, conta a historia de Michael, un rapaz de 15 anos que se namora de Hanna, unha muller maior ca el.
Durante o verán, atópanse a escondidas e Michael lelle libros en voz alta, porque ela non sabe ler, como se saberá máis adiante. Un día, Hanna desaparece sen dicir nada.
Anos despois, Michael, que agora estuda Dereito, ve a Hanna de novo nun xuízo. Descobre que Hanna traballou nun campo de concentración nazi e está acusada de crimes moi graves. Ela prefire admitir culpas que non ten, antes que recoñecer que non sabe ler, por vergoña.
A novela fala do amor e das cousas difíciles que temos que afrontar do pasado. Tamén ensina como os libros poden unir as persoas, mesmo cando hai segredos e dor entre elas.
Comentarios
Publicar un comentario